Hoxe, un de novembro fai 17 anos que miña nai me trouxo a este mundo, e por ise motivo pareceume unha boa idea presentarvos os 17 temas musicais que ata agora marcaron a miña existencia, agardo que gostedes e parabéns para min!! 1-DUERME- Mägo de Oz. ao non saber nanas e querer durmirme meus pais escolleron esta canción para relaxarme 2-LAS CHICAS SON GUERRERAS- Coz, con dous anos o meu berro de guerra era "Uuu Aaa Las chicas son guerreras". 3- ME GUSTA SER UNA ZORRA- Las Vulples, esta canción deixáronma de poñer porque a ía xantando por aí, a día de hoxe é unha das miñas cancións preferidas e non paro de cantala. 4-OLE PAPA-J.L Santiago, desta canción solo recordo que me facía gracia porque dicía gominolas. 5-EL UNIVERSO SOBRE MÍ- Amaral, despois desta canción pedíralle a miña nai que fixera un flequillo 6-SOY UNA PUNK-Aerolineas Federales, a miña primeira cresta foi con seis anos onde a través desta canción descubrin que eu quería ser punk 7-SOLDADITO MARINERO-Fito & Fitipaldis, son das moitas persoas a que esta canción lle marcou e é que sempre a bailaba no Gatos 8- MAÑANA SERÁ IGUAL- Barricada, a miña versión era "Y es verdad, ya no existen principes azules, y es verdad que sola estas, y es verdad que mi padre está loco JAJA mañana será igual" 9-ABRAZAME-Doctor Deseo. 10-COME AS YOU ARE- Nirvana, a música do coche para min, todas as viaxes estiveron acompañadas dunha cinta de Nirvana 11-VALIENTE-Vestusta Morla, e é que eu tiven unha época indie que estivo moi marcada por esta canción. 12-SESE TU- Terapia de Shock, por algún motivo o meu amor hacia Barcelona sempre foi impresionante (nunca fun), e esta canción canteina moitisimas veces 13- ADIANTE-Ruxe Ruxe, descubrin de súpeto que non estaba escoitando música da miña terra 14-CARALLO PRO CURA-Los Puta, despois de moitos anos vendo unha chaqueta na casa que poñía "Los puta" deume por buscar quen eran 15- XABAXERACIÓN-Biribirlocke, non pode haber unha lista de cancións que me marcaron sen que apareza ista, a historia da miña infancia. 16-OS VAMPIROS- NAO, en concertos, en viaxes, en bailes na miña habitación, na ducha, no Gatos....esta canción sonou e foi cantada por min en todos os lugares posibles que pisei. 17-ABRINDO CAMIÑO-Skandalo GZ, e é que a pequena punk de seis anos parece que voltou e ten unha cresta aínda máis guay Saude, sorte e moito rock and roll, ou moito punk
CARLOTA.C.R
1 Comentario
|